Película de la semana: Grita libertad

Crítica feroz ao apartheid surafricano desenvolvida a partir da relación de amizade entre un xornalista democrático e un activista de cor, Biko, que loita contra a segregación racial.
Alegación contra o racismo e a segregación racial.

Grita libertad

Sinopsis
A imperecedera amizade entre dous homes inesquecibles. A tensión e o terror da Sudáfrica actual aparecen retratados con forza nesta película que narra a historia do activista negro Stephen Biko e o redactor dun xornal liberal branco que arrisca a súa propia vida para facer chegar ao mundo a mensaxe de Biko. Tras decatarse dos verdadeiros horrores do apartheid a través dos ollos de Biko, o redactor Donald Woods descobre que o seu amigo foi silenciado pola policía. Decidido a non permitir que se acale a mensaxe de Biko, Woods embárcase nunha perigosa viaxe para escapar de Sudáfrica e contar ao mundo o extraordinario valor de Biko. Esta fascinante e conmovedora historia real mostra o lado máis perverso e o máis heroico do ser humano.

 


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*