Película da semana: Unha verdade incomoda

771735.jpg UNHA VERDADE INCÓMODA SINOPSIS :

O realizador Davis Guggenheim dirixe este filme, que conta a historia da apaixonada entrega dun home decidido a expor os mitos e ideas equivocadas achega do arrequecemento global e da súa prevención. Este home é o ex vicepresidente Al Gore, que logo de perder as eleccións de 2000 decidiu cambiar de rumbo e dedicarse a axudar a salvar o planeta. Este conmovedor retrato de Gore e do seu “espectáculo itinerante de arrequecemento global” mostra a un home divertido, aberto e disposto a todo para facer chegar á maior cantidade de xente posible a sorprendente verdade acerca do que el chama “a urxencia planetaria” antes de que sexa demasiado tarde.

As peores tormentas coñecidas en Norteamérica tiveron lugar en 2005 e Al Gore non se morde a lingua á hora de explicar o que está pasando. O documental, ademais de expor claramente os feitos e de facer algunhas predicións, conta a historia persoal de Gore, desde o universitario idealista que empezou a preocuparse pola crise ambiental a escala mundial, pasando polo novo senador que debeu enfrontarse a unha terrible traxedia familiar, ata o home que case chegou a presidente pero que regresou á súa primeira paixón, o medioambiente, convencido de que aínda se podía facer algo.

Imagen de previsualización de YouTube


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>