Película da semana: Pena de muerte.

197286.jpg

Título: Pena de muerte

Director: Tim Robbins

Sinopse:

Inspirada nunha historia real sobre a profunda relación xurdida entre unha monxa e un condenado á morte nun cárcere americano, esta película supón un provocador exame sobre o crime e o castigo. Susan Sarandon conseguiu con ela gañar un Oscar á Mellor Interpretación Feminina en 1995 e Sean Penn foi nomeado como Mellor Actor. Pena de morte é unha película conmovedora e absorbente cun argumento orixinal e cativador que che manterá atento desde o principio ata o final da película. Helen Prejean (Sarandon) é unha monxa compasiva de Nova Orleans que actúa como conselleira espiritual de Mathew Poncelet (Penn), un violento asasino que espera o día da súa execución no corredor da morte, e cuxa misión principal é axudar ás persoas talles como Mathew a atopar a súa salvación. Aínda que ás veces indagar demasiado pode levarche a atopar o lado máis escuro e malvado do home, a irmá Helen pensa que toda persoa ten o seu lado bo. Agora a súa principal tarefa será conseguir o tempo suficiente e atrasar a execución para salvar a Mathew e demostrar a todos que ninguén ten por que ser executado por moi atroz que sexa o seu pasado…

Tim Robbins preséntanos o tema da pena de morte con toda a súa crudeza sen tomar partido.

Imagen de previsualización de YouTube


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*