Película da semana: El Golpe

elgolpe.jpg

Título: El Golpe

Director: George Roy Hill

Sinopsis:

En plenos anos 30, Henry Gondorff e Johnny Hooker son dous caraduras que se dedican a estafar e levar grandes sumas de diñeiro ao peto. A morte dun amigo a mans dun gángster, produciralles desexos de vinganza e para iso, prepararán o que será o seu maior golpe.

Extraordinaria película que gañou sete Oscar e contou coa interpretación da emblemática parella dos actores e galanes Paul Newman e Robert Redford. O filme non perde ritmo en ningún momento e grazas ao fabuloso e sorprendente guión, acompañado dun toque de humor e unha notable ambientación, a historia resulta moi, pero que moi entretida. E a química entre os dous actores é inmellorable como xa demostraron na tamén fascinante Dous homes e un destino. Para a posteridade quedaron as saltarinas notas do piano de Scott Joplin, mítica estrela do estilo Ragtime.

Homenaxe ó actor, recentemente falecido, Paul Newman.

Imagen de previsualización de YouTube


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*