OLIMPIADA SOLIDARIA 2011

A Olimpíada Solidaria de Estudo é unha innovadora acción de educación ao desenvolvemento e de sensibilización á solidariedade. Foi pensada por unha ONG española, Coopera – Novas para a Cooperación ao Desenvolvemento -, e organizada por primeira vez en 2003 na cidade de Logroño (A Rioxa – España).
Baixo o lema “Queres ser solidario?…” por cada hora do teu estudo, un dos nosos patrocinadores destinará 1 ? para o financiamento de catro proxectos educativos en Angola, Camerún, Ecuador e Haití. Decátache de como podes ser solidario estudando.
Os mozos poden acudir a estudar ás salas habilitadas para a Olimpíada e converterse en estudantes solidarios. As súas horas de estudo son patrocinadas por institucións públicas e empresas privadas que achegan 1 ? por cada unha. O seu esforzo convértese no diñeiro que permite o financiamento de varios proxectos de axuda ao desenvolvemento destinados a mozos do Sur e cuxos temas principais son a educación e a formación profesional.
Deste xeito os estudantes mostran o seu compromiso e solidariedade de xeito activo e convértense en protagonistas do proceso de cambio que se quere impulsar coa axuda ao desenvolvemento.
iframe>


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*