Nace a rede internacional de contacontos.

 

Doce narradores orais e escritores de dez países diferentes decidiron lanzar a Rede Internacional de Contacontos. A súa páxina web www.contacuentos.eu xa ten rexistrados máis de mil narradores orais de cincuenta países nos cinco continentes, e recibiron o apoio explícito de máis de 700 organismos e personalidades entre bibliotecas, centros educativos e culturais, grupos de traballo, escritores e narradores. Entre os seus obxectivos prioritarios está o tender pontes de interconexión entre os narradores orais procedentes de todas as culturas do mundo, así como a dinamización das bibliotecas e centros escolares, a animación á lectura e a difusión das obras mestras da literatura tradicional e contemporánea a través do contacontos.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>