Libro recomendado ESO.

thneivj9

Título: Memorias dun neno labrego

Autor: Xosé Neira Vilas

Editorial: Ediciós do Castro

Reseña:

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”. Así comezan os pensamentos, do neno protagonista, no territorio limitado do mundo rural galego.
Conta neste seu diario as súas experiencias, desde as festas tradicionais como o Entroido ou as da parroquia ata a vivencia dramática do loio familiar pola morte do padriño esmagado por un carro, que lle impide disfrutalas. A morte tamén está presente na trampa para raposos na que cae o seu can Pachín; alí planta logo unha cerdeira. Únense deste xeito esperanza e loito, sempre á busca dun futuro non escrito. Así, cando non pode disfrutar da festa, vai á rebusca ao campo o día seguinte: atopa unha caixa, que non dá aberto, e despois lévalle a auga. Con ela marchou o soño imposible das moedas de ouro.


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*