Libro recomendado ESO

imagesTítulo: Relato de un naúfrago

Autor: Gabriel García Márquez

Editorial: Mondadori

Reseña:

Con este libro, Gabriel García Márquez descubriuse a si mesmo como un narrador. Con todo, a intención primeira era a de escribir unha reportaxe sobre un home, Luís Alejandro Velasco, que estivo dez días á deriva nunha balsa mecida polo mar Caribe. O futuro premio Nobel de literatura e entón novo reporteiro que era García Márquez escoitou o relato dos feitos de boca do seu protagonista, e transformouno, talvez sen pretendelo, nun prodixioso exercicio literario, unha narración concisa e vigorosa onde latexa o pulso dun gran escritor. A publicación por entregas da reportaxe no espectador de Bogotá supuxo un alboroto político considerable -revelábase a existencia de contrabando ilegal nun buque da Armada colombiana, o que custou a vida de sete mariñeiros e o naufraxio, máis afortunado, de Velasco- e o exilio para o seu autor, que se viu abocado a unha nova vida.

Nesta obra maniféstase a maestría de García Márquez como narrador. Mantén o interés dende a primeira á derradeira folla .


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>