Título: Las luces de septiembre
Autor: Carlos Ruiz Zafón
Editorial: Planeta
Reseña:
Un misterioso fabricante de xoguetes que vive recluído nunha xigantesca mansión poboada de seres mecánicos e sombras do pasado… Un enigma ao redor de estrañas luces que brillan entre a néboa que rodea o illote do faro. Unha criatura de pesadelo que se oculta no máis profundo do bosque… Estes e outros elementos tecen a trama do misterio que unirá a Irene e Ismael para sempre durante un máxico verán en Bahía Azul. Un misterio que os levará a vivir a máis emocionante das aventuras nun laberíntico mundo de luces e sombras.
Unha historia entretida de misterio que á vez detense nas relacións persoais dos personaxes.