Libro recomendado ESO

7512131.jpg

Título: Kafka y la muñeca viajera

Autor: Jordi Sierra i Fabra

Editorial: Siruela

Reseña:

Un ano antes da súa morte, Franz Kafka viviu unha experiencia moi insólita. Paseando polo parque Steglitz, en Berlín, atopou unha nena chorando desconsolada: perdera a súa boneca. Para calmar á pequena, o autor de A metamorfose inventou unha peculiar historia: o boneco non se perdera, fórase de viaxe, e el, convertido en carteiro de bonecas, tiña unha carta que o levaría ao día seguinte ao parque. Aquela noite Franz escribiu a primeira das moitas cartas que, durante tres semanas, entregou á nena puntualmente, narrando as peripecias da extraordinaria boneca|pulso dende todos os recantos do mundo. Segundo conta Doura Dymant, a súa compañeira naqueles días, o estado febril co que Kafka escribía esas cartas era comparable ao de calquera das súas inmortais obras. Este é o relato daquela experiencia, na que Franz Kafka foi un mago da palabra para unha nena descoñecida da que xamais volveu saberse nada, como tampouco daquelas cartas que constitúen un dos misterios máis fermosos da narrativa do século XX.

Esta novela está inspirada en un episodio real da vida de Franz Kafka que o levou a se converter nun “carteiro de bonecas”.

Ainda que está recomendada para a ESO, non ten edade pois é unha narración chea de ternura.

Premio nacional de literatura infantil e xuvenil.


1 Comentario

  1. Ana
    Escrito 8 enero 2009 el 23:12 | Permalink

    Libro de extraordinaria beleza. Encantoume.

Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*