Libro recomendado ESO.

cvxg125901

 

 

 

 

 

Título:  Homes de tras da Corda.

Autor:  Carlos G. Reigosa

Editorial: Xerais

Reseña:

Nesta obriña Carlos G. Reigosa que nos ten afeitos a seguir as investigacións de Nivardo Alonso e Carlos Conde, detective privado e xornalista, respectivamente, fuxe das súas andanzas e nos achega á súa terra: A Corda. Esta bisbarra da Galiza cantábrica ten o seu aquel, e Reigosa sabe, con gran precisión, amosarnos as súas peculiaridades, e sobre todo as dos seus habitantes. De todos eles hai un que non ten desperdicio, sobre todo pola súa valentía amosada en diversas e dispares circunstancias: O párroco don Manoliño, pero non imos desvelar nada; é mellor que vos acheguedes a el e ao resto dos seus conveciños. Son en total oito relatos de lectura agradable e con galego asequible para todos.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>