Libro recomendado Bacharelato e Ciclos

tortilla_gran.jpg

Título: Tortilla Quemada. 23 raciones de Química cotidiana.

Autor: Claudi Mans

¿Por que nunhas tixolas se pegan as tortillas e noutras non? ¿Por que salpica a salsa de tomate cando se prepara? Cal é a composición química dunha cidade? ¿Cal é a forma máis científica de ligar? ¿Como é un flan por dentro? ¿Cal é a mellor forma de arrefriar o arroz fervido? ¿Sabes como lavan as camisas en Mumbai? ¿Que é máis natural, un xamón ou un litro de ácido sulfúrico? ¿Como poderías identificar a un químico facéndolle unha soa pregunta? ¿Sabes que é a entropoloxía?
Neste libro atoparás respostas a estas e outras preguntas, non menos transcendentais. En vinte e tres capítulos quizais aclares conceptos que xa che explicaron pero que non acabaras de entender, quizais aprenderás cousas que nin imaxinabas, e quizais sorrirás un pouco, como poida que fagas agora. E quizais mirarás a química, a ciencia, con outra visión.
Non hai que ser químico para ler o libro, claro. Se o es, entenderalo todo. Se estudaches algo de química entenderás case todo, e se non, creo que tamén che gustará, aínda que terás que saltarche algúns parágrafos. Pero non che preocupes, todos o facemos cando convén.

Ameno,didáctico e moi fácil de ler


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>