Libro recomendado Bacharelato e Ciclos

Título: 1Q84

Autor: Haruki Murakami

Editorial: Tusquets

Reseña: 

En xaponés, a letra q e o número 9 son homófonos, os dous pronúncianse kyu, de maneira que 1Q84 é, sen selo, 1984, unha data de ecos orwellianos. Esa variación na grafía reflexa a sutil alteración do mundo en que habitan os personaxes desta novela, que é, tamén sen selo, o Xapón de 1984. Nese mundo en aparencia normal e reconocible móvense Aomame, unha muller independente, instrutora nun ximnasio, e Teno, un profesor de matemáticas. Ambos roldan os trinta anos, ambos levan vidas solitarias e ambos perciben ao seu modo leves desaxustes na súa contorna, que os conducirán de xeito inexorable a un destino común. E ambos son máis do que parecen: a bela Aomame é unha asasina; o anodino Teno, un aspirante a novelista ao que o seu editor encargou un traballo relacionado coa crisálida do aire, unha enigmática obra ditada por unha esquiva adolescente. E, como pano de fondo da historia, o universo das seitas relixiosas, os malos tratos e a corrupción, un universo enrarecido que o narrador escarba con precisión orwelliana.


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*