Libro recomendado bacharelato e ciclos.

9788482888521

Título: Casas Baratas

Autor: Antón Riveiro Coello

Editorial: Galaxía

Reseña:

As vivencias e as experiencias que constitúen a memoria da adolescencia son as que nutren Casas baratas. Un libro de contos co que Antón Riveiro Coello se debruza sobre o tempo no que se forma a personalidade e sobre o que se constrúe a memoria individual.
Un libro que esperta lembranzas a través duns realtos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles.
Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodios nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento. O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcilíannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e da sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran.


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*