Archivo de la categoría: Novas

As 10 cidades máis literarias do mundo

“Hoxe tráiovos unha desas listas que tanto nos gustan. E é que estaba botando unha ollada por páxinas de viaxes (outras das miñas grandes paixóns) e topeime, nin máis nin menos, que coas dez cidades máis literarias que podemos atopar no noso ancho mundo. Como é normal, seguro que non compartimos todas, e que quitariamos algunhas para meter outras, pero desde logo serven dunha boa base, e xa vos anticipo que o número un é ben merecido. De todos os xeitos, xa vos direi as que eu botei en falta. A lista en cuestión está confeccionada por National Geographic Traveler, que digo eu que algo saberá disto, e para que vos fagades unha idea, dicir que tiveron en conta multitude de variables como o servir de inspiración a escritores, cantidade de sitios puramente literarios que visitar ou fomentar a lectura na actualidade. Así que relaxádevos porque nos imos de viaxe. Imos coñecer as cinco que pechan a clasificación.

10. Santiago de Chile

Empezamos por la capital chilena. Y si hablamos de Chile hablamos por supuesto de Pablo Neruda, el premio Nobel y poeta romántico por excelencia. Pues en Santiago podemos visitar la casa en la que se encontraba con su musa y amante, que tiene por nombre La Chascona y cuyos brillantes tonos azules y amarillos encontraremos en la colina Bellavista. Y no podemos olvidarnos de la otra ganadora del Nobel de Literatura, Gabriela Mistral, a quien se le dedica un gigantesco mural en el Cerro Santa Lucía y cuyo rostro podemos ver en los billetes de 5.000 pesos.

En cuanto a la vida literaria a pie de calle, decir que el alto precio de los libros nuevos, hace que en Santiago exista un excelente mercado de segunda mano. Así, podemos perdernos en el mercado de la calle Lastarria o visitar las numerosas tiendecitas que se encuentran en el centro de la ciudad, cerca de la Avenida Providencia. Y si queréis tomar un cafelito mientras leéis, es imprescindible pasar por el Café Literario en el parque de Balmaceda, donde encontraréis una biblioteca de más de treinta mil libros.”

Fausto Beneroso


Premio a nosa biblioteca.

A biblioteca está de parabén porque nos concederon o terceiro premio do “concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares para el año 2010”
Grazas a todo o equipo que traballa desde fai anos neste proxecto ilusionante.

 


Faleceu Francisco Fdez del Riego

Quen teña ido nalgunha ocasión á Biblioteca Penzol non poderá esquecer a aquel home sempre sentado ante a súa máquina de escribir e fumando o seu habano. Tampouco poderemos os vigueses esquecer o seu pousado andar, a súa figura en gabardina e con paraugas dirixíndose á súa casa ou ao seu lugar de traballo, rúa do Príncipe adiante. Don Paco  nacido no lugar de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913, foi un intelectual galeguista que desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e calado, recoñecido un tanto tarde, a prol da cultura galega e que continuou até os seus últimos meses de vida. O noso home sufriu persecución durante o franquismo mais sobreviviu e seguiu traballando arreo. Foi cofundador da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Ingresou en 1960 na Real Academia Galega  e en 1963 foi o impulsor do Día das Letras Galegas, suxerindo mesmo a súa data de celebración. Durante 47 anos dirixiu a Biblioteca de Fundación Penzol. No ano 1995 doou a Vigo a súa colección de libros que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001, recibiu case todos os galardóns que podía recibir como galego, merecíaos.   

Descanse en Paz


Morreu J.D. Salinger

imagescaehse2r

Excéntrico, ególatra, misterioso, huraño, perfeccionista, xenio… Todos estes cualificativos podería ser aplicados a este escritor que cunha soa obra de gran éxito, “O gardián entre o centeo”  decidiu illarse e defender, de forma obsesiva, a súa privacidade.
Morreu alguén que nunca existiu.