Quero quedarme así, só, afastado Sen ningún, sen ninguén, Paxaro que na infinitud do aire voa No vacio do aire, Cara ao horizonte que xamais se alcanza E nunca xa poder-quedarme así- Regresar á orixe para sempre borrado.
|
Quiero quedarme así, solo, lejano Sin ninguno, sin nadie, Pájaro que en la infinitud del aire vuela En el vacio del aire, Hacia el horizonte que jamás se alcanza Y nunca ya poder-quedarme así- Regresar al origen para siempre borrado |
José Ángel Valente
Esta exposición quere ser o inicio dunha longa e motivadora pesquisa que nos leve a unha viaxe no tempo pola memoria máis cercana e máis persoal, a memoria das nosas familias a través das fotos dos nosos avós, dos nosos pais,nais e o tempo que lles tocou vivir.
Como eran as festas na época dos teus avós?
A qué xogaba teu pai e a tua nai?
A música que encantaba a xente?
Que contos pode ainda contarche o teu avó?
Cales son as historias da emigración galega, a historia do teu tio, tia, avós, pais que tiveron que espallarse polo mundo para mellorar as súas condicións de vida.
Invitámoste a contestar estas e outras tantas preguntas que seguro che apetecerá facer para descubrir a nosa memoria oral.
Indaga no significado das fotos da túa familia e fagamos unha boa partilla entre todos.
Imos construir a nosa memoria e asombrarnos de cómo mudan os tempos