Category Archives: Concursos

Olimpiada solidaria de estudo.

grafico-olimpiada-solidaria4A Olimpíada Solidaria de Estudo é unha innovadora acción de educación ao desenvolvemento e de sensibilización á solidariedade.
Foi pensada por unha ONG española, Coopera – Novas para a Cooperación ao Desenvolvemento, e organizada por primeira vez en 2003 na cidade de Logroño (A Rioxa – España).

Baixo o lema “¿Queres ser solidario?…” por cada hora do teu estudo, un dos nosos patrocinadores destinará 1€ para o financiamento de catro proxectos educativos en Angola, Camerún, Ecuador e Haití. Decátache de como podes ser solidario estudando.

Os mozos poden acudir a estudar ás salas habilitadas para a Olimpíada e converterse en estudantes solidarios. As súas horas de estudo son patrocinadas por institucións públicas e empresas privadas que achegan 1 € por cada unha. O teu esforzo convértese no diñeiro que permite o financiamento de varios proxectos de axuda ao desenvolvemento destinados a mozos do Sur e cuxos temas principais son a educación e a formación profesional. Deste xeito os estudantes mostran o seu compromiso e solidariedade de xeito activo e convértense en protagonistas do proceso de cambio que se quere impulsar coa axuda ao desenvolvemento.

Para converterche nun estudante solidario só tes que seguir estes pasos:

  • Colle os teus libros e ve á sala de estudo máis próxima
  • Achégache ao voluntario responsable da Olimpíada e pídelle que che inscriba
  • Decide cantas horas vas estudar e colle o papel moeda
  • Toma asento e… ¡non perdas un minuto!
  • Cando termines deposita o papel moeda na urna e pide ao voluntario que sele o teu “pasaporte solidario”

anagrama-olimpiada-solidaria

 


Bases do concurso de lectura “Papalibros 09-10″

CONCURSO PLURILINGÜE DE LECTURA “O PAPALIBROS 4ªED.”

BASES

  • 1. Pode participar todo o alumnado do IES Manuel Antonio e tamén o alumnado do Centro Residencial Docente (CRD) que sexa usuario da nosa Biblioteca.
  • 2. Gañará o concurso quen lea máis libros e acade máis puntos.
  • 3. As listaxes de libros publicaranse cada trimestre e manteranse en vigor ata a fin do concurso. Nas listaxes trimestrais aparecerán 3 libros en Galego, 3 en Castelán, 3 en Inglés, 3 en Francés e 3 en Italiano.
  • 4. Cada lectura valerá 10 puntos. Para acadar os 10 puntos deberá realizarse un breve e doado “Control de comprobación de lectura”. A lingua empregada no “Control” coincidirá coa da lectura.
  • 5. A suma de puntos polas lecturas en Galego, Castelán, Inglés, Francés e Italiano deberá cinguirse ás seguintes condicións:
  • 5.1. O alumnado que non acade ao longo do concurso un mínimo de 10 puntos en Galego, 10 en Castelán e 10 en Inglés será eliminado do concurso. Tendo en conta o anterior, a puntuación mínima será de 30 puntos (3 libros) e a máxima de 270 puntos (27 libros).
  • 5.2. Deberase ler o mesmo número de libros en Galego e Castelán, en consecuencia, a puntuación final polas lecturas nas dúas linguas terá que coincidir. De non coincidiren as puntuacións, aplicarase ás dúas linguas a puntuación inferior obtida nunha delas.
  • 5.3. O alumnado que seleccione lecturas en 1) Francés, 2) Italiano, 3) Francés e Italiano poderá en todos os casos combinalas con lecturas en Inglés tendo en conta o seguinte:
  • 5.3.1. A puntuación polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés non poderá superar en cada grupo os 30 puntos por trimestre. A puntuación final en cada grupo, xa que logo, non sobrepasará os 90 puntos.
  • 5.3.2. Un mínimo de 10 puntos da puntuación final polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés deberá pertencer ás lecturas en Inglés (como obriga o apartado 5.1.).
  • 6. Gañarán o concurso @s catro primeir@s concursantes que acaden a máxima puntuación ou @s que se acheguen a ela, clasificad@s por orde descendente de puntuación. O tres primeiros premios serán tres ordenadores (miniportátiles) e o 4º, un vale de 100 euros para trocar por libros, CD, películas, material informático ou deportivo.
  • 7. Os Xurados estarán formados por profesorado dos Departamentos de Linguas.


Inscripción “Papalibros” 4ª Edición


E S T A L M A T

Galicia

2009

Proxecto para o Estímulo do Talento en Matemáticas de estudantes de 12 e 13 anos

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

www.estalmatgalicia.com