Category Archives: Concursos

2. Melbourne (Australia)

Outra das cidades mais representativas no mundo literario e Melbourne que “foi fundada no ano 1835 e desde a época da febre do ouro converteuse na capital cultural de Australia. Sen dúbida o punto imprescindible para visitar é a State Library of Vitoria, a biblioteca nacional que é unha auténtica preciosidad. Foi construída a mediados de 1800 e conta cunha única condición para a entrada libre a todos os que sexamos maiores de catorce anos: ter as mans limpas, jeje. Divídese en tres partes, pero leva a palma o salón de lectura A Trobe, de forma octogonal e adornado con citas de escritores famosos. Polo demais, recomendable dar unha vueltecita os sábados pola Fed Square, onde pon un mercado de libros e, se queremos parar a tomar un refrixerio, non está mal que se faga no Drunken Poet (poeta bébedo), onde nos atoparemos con retratos de Oscar Wilde e doutros escritores.”

Fausto Beneroso


Libro recomendado Bacharelato e Ciclos

Título: Todo é silencio

Autor: Manuel Rivas

Editorial: Xerais

Reseña:

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.


Libro recomendado ESO

Título: La piel de la memoria

Autor: Jordi Sierra i Fraba

Editorial: Edelvives

Reseña:

A vida de Kalil Mtube, un neno de Malí, cambia drasticamente cando, logo de ser vendido polo seu pai a un traficante, é obrigado a traballar brutalmente como escravo nunha plantación de cacao en Costa do Marfil. Alí coñece a amizade e o amor, pero tamén a desapiadada crueldade dos seres humanos. Kalil logra escapar e chega á cidade de Dalao. Logo dun ano, decide regresar á súa casa, pero no camiño é feito prisioneiro por un grupo de traficantes de escravos e metido nun barco. Durante a travesía está a piques de morrer, aínda que ao final é rescatado. Cinco anos despois, Kalil conta toda a súa historia a un home branco, o mesmo que a transcribe aos lectores.


José Emilio Pacheco premio Cervantes 2009

cax4i14cca4t2o9nca6wszg5catwa20tcaqv3jwrcakwwkx8cavij14zca611kr2cauvhrvgcawzt0p7ca79fioncaae1d5ocaupgsa6ca28h2yacatudfrqcaxhvqi7ca6aue1pcaby37oh

José Emilio Pacheco naceu na Cidade de México o 30 de xuño de 1939. A súa obra foi recoñecida moi pronto: desde a década dos cincuenta xa figuraba en antoloxías á beira dos grandes poetas de Latinoamérica. Estudou na Universidade Nacional Autónoma de México. Ademais de publicar poesía e prosa e de exercer un maxistral labor como tradutor, traballou como director e editor de coleccións bibliográficas e diversas publicacións e suplementos culturais. Dirixiu, á beira de Carlos Monsiváis, o suplemento da revista Estaciones; foi secretario de redacción da Revista da Universidade de México. Dirixiu a colección Biblioteca do Estudante Universitario. foi docente en diversas universidades do mundo e investigador do INAH.