Category Archives: Papalibros

Libros propostos para o 1º Trimestre do Papalibros

libros-papalibros-1.jpg


Normas para participar no concurso “Papalibros”

    1. Pode participar todo o alumnado do IES Manuel Antonio e tamén o alumnado do Centro Residencial Docente (CRD) que sexa usuario da nosa Biblioteca.

    2. Gañará o concurso quen lea máis libros e acade máis puntos.

    3. As listaxes de libros publicaranse cada trimestre e manteranse en vigor ata a fin do concurso. Nas listaxes trimestrais aparecerán 3 libros en Galego, 3 en Castelán, 3 en Inglés, 3 en Francés e 3 en Italiano.

    4. Cada lectura valerá 10 puntos. Para acadar os 10 puntos deberá realizarse un breve e doado “Control de comprobación de lectura”. A lingua empregada no “Control” coincidirá coa da lectura.

    5. A suma de puntos polas lecturas en Galego, Castelán, Inglés, Francés e Italiano deberá cinguirse ás seguintes condicións:

    read more »


Concurso Plurilingüe de Lectura “O Papalibros” (2ª Ed.)

Pomos en marcha a segunda edición do concurso “Papalibros” que este ano ten como novidade, que estan reflictidas todas as linguas que se imparten no noso centro. Temos por tanto en  un concurso plurilingue. a finalidade deste concurso é, por suposto, o fomento da lectura, servindo este de empurron para que os que todavia non len, se poñan a esta tarea canto antes.

As normas do concurso atopanse  Papalibros onde se explica de forma pormenorizada todos os requisitos que temos que complir para poder participar.