Bases do concurso de lectura “Papalibros 09-10″

CONCURSO PLURILINGÜE DE LECTURA “O PAPALIBROS 4ªED.”

BASES

  • 1. Pode participar todo o alumnado do IES Manuel Antonio e tamén o alumnado do Centro Residencial Docente (CRD) que sexa usuario da nosa Biblioteca.
  • 2. Gañará o concurso quen lea máis libros e acade máis puntos.
  • 3. As listaxes de libros publicaranse cada trimestre e manteranse en vigor ata a fin do concurso. Nas listaxes trimestrais aparecerán 3 libros en Galego, 3 en Castelán, 3 en Inglés, 3 en Francés e 3 en Italiano.
  • 4. Cada lectura valerá 10 puntos. Para acadar os 10 puntos deberá realizarse un breve e doado “Control de comprobación de lectura”. A lingua empregada no “Control” coincidirá coa da lectura.
  • 5. A suma de puntos polas lecturas en Galego, Castelán, Inglés, Francés e Italiano deberá cinguirse ás seguintes condicións:
  • 5.1. O alumnado que non acade ao longo do concurso un mínimo de 10 puntos en Galego, 10 en Castelán e 10 en Inglés será eliminado do concurso. Tendo en conta o anterior, a puntuación mínima será de 30 puntos (3 libros) e a máxima de 270 puntos (27 libros).
  • 5.2. Deberase ler o mesmo número de libros en Galego e Castelán, en consecuencia, a puntuación final polas lecturas nas dúas linguas terá que coincidir. De non coincidiren as puntuacións, aplicarase ás dúas linguas a puntuación inferior obtida nunha delas.
  • 5.3. O alumnado que seleccione lecturas en 1) Francés, 2) Italiano, 3) Francés e Italiano poderá en todos os casos combinalas con lecturas en Inglés tendo en conta o seguinte:
  • 5.3.1. A puntuación polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés non poderá superar en cada grupo os 30 puntos por trimestre. A puntuación final en cada grupo, xa que logo, non sobrepasará os 90 puntos.
  • 5.3.2. Un mínimo de 10 puntos da puntuación final polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés deberá pertencer ás lecturas en Inglés (como obriga o apartado 5.1.).
  • 6. Gañarán o concurso @s catro primeir@s concursantes que acaden a máxima puntuación ou @s que se acheguen a ela, clasificad@s por orde descendente de puntuación. O tres primeiros premios serán tres ordenadores (miniportátiles) e o 4º, un vale de 100 euros para trocar por libros, CD, películas, material informático ou deportivo.
  • 7. Os Xurados estarán formados por profesorado dos Departamentos de Linguas.


Escribe un comentario

Tu email no ha sido utilizado Los campos obligatorios están marcados con *

*
*