Na Festa da Chiba asistimos a un dobre retorno. Mentres Urania visita ao seu pai en Santo Domingo, volvemos a 1961, cando a capital dominicana aínda se chamaba Cidade Trujillo. Alí un home que non súa tiraniza a tres millóns de persoas sen saber que se xesta unha maquiavélica transición á democracia.
Vargas Llosa, un clásico contemporáneo, relata o fin dunha era dando voz, entre outros personaxes históricos, ao impecable e implacable xeral Trujillo, alcumado a Chiba, e ao sosegado e hábil doutor Balaguer (sempiterno presidente da República Dominicana).
Cun ritmo e unha precisión dificilmente superables, este peruano universal mostra que a política pode consistir en abrirse camiño entre cadáveres, e que un ser inocente pode converterse nun agasallo truculento.
Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente.
A estrada, novela galardoada co premio Pulitzer 2007 e best seller literario do ano en Estados Unidos, transcorre na inmensidade do territorio norteamericano, unha paisaxe literalmente queimada polo que parece ser un recente holocausto nuclear. Un pai trata de salvar ao seu fillo emprendendo unha viaxe con el.Rodeados dunha paisaxe baldío, ameazados por bandas de caníbales, empuxando un carriño da compra onde gardan as súas escasas pertenzas, percorren os lugares onde o pai pasou unha infancia recordada ás veces en forma de breves bosquexos do paraíso perdido, e avanzan cara ao sur, cara ao mar, fuxindo dun frío «capaz de romper as rocas». Unha narración que impresiona; pois conxuga de forma maxistral a traxedia, o amor e a esperanza. Os diálogos son sobrios; pero moi reveladores e cargados de tenrura.
As enigmáticas desaparicións de nenas do colexio das nais lazaristas de San Gervasio son o punto de inicio da aventura indagatoria que ten como protagonista a un cliente do manicomio, quen, obrigado a converterse en investigador, verase envolvido en toda clase de contratempos dos que logrará saír levando a cabo o seu labor e descubrindo unha intrincada farsa de xente podente. Aparentemente nivelada e lisa, a escritura de Mendoza constitúe un espléndido exemplo de investigación literaria persoal, allea a todo mimetismo, que profunda nas posibilidades de volver do revés, sen infrinxilas a primeira vista, as posibilidades do relato tradicional, e indagar así, como un bo detective, ou como un personaxe de Henry James no debuxo que se nos mostra ao dorso do tapiz da trama. Unha farsa burlesca e unha sátira moral e social que ten as súas raíces últimas na picaresca e no modelo cervantino.
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico.o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés.A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes.Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.
Nassima é unha nena de dez anos, nacida no Afganistán dos talibáns, que se resiste a aceptar as novas normas e restriccóns que “uns homes con barbas longas e ollos enfurecidos” impoñen ás mulleres. A cativa non concibe a perda repentina da súa liberdade e decidirá vivir unha apaixonante aventura antes que fuxir do seu país envolta nunha alfombra do xeito que lle propón o seu pai. O seu amigo Mohamed será o seu mellor compañeiro nesta historia dos nosos días, arriscada e valente.
Etelvina de Silva, orfa de nacemento, educada en Madrid dende moi nova polo seu tío Alberte, durante o curso escolar e o verán que pasou en Brétema, na casa das súas tres tías avoas, descubre a súa vocación literaria. Axudada pola súa curmá Catara e por Juancho, un compañeiro do instituto con ansias de artista do que se namora, acometerá unha investigación no seu pasado familiar, que a levará a tratar de averiguar que sucedeu realmente aquela noite na casa familiar da Braña, onde hai tres décadas morreron Antón do Cañote, un fuxido, un loitador sen esperanza, e Inmaculada de Silva, unha antepasada, unha beleza, unha cazadora de primeira, a quen todos din que ela moito imita. Tras esta experiencia, Etel sabe que será escritora, a súa maneira de deixar unha pegada do seu paso polo mundo, ao tempo que se decata de que na literatura como no amor sempre hai cabos soltos
Unha antoloxía que reúne aos nosos mellores poetas, nunha selección moi adecuada á sensibilidade dos adolescentes de hoxe. Os máis grandes poetas fálannos cos seus versos do amor, do sentido da vida, da natureza…
Un terrorista -o Home- e un Xuíz de Instrución enfróntanse, desde posicións atopadas, nun interrogatorio que vai moito máis alá do intento de conseguir información. Os dous homes coñécense desde nenos e na conversación sairán a relucir -nun mesturarse de tempos e voces pasados e presentes- todas as súas diferenzas ideolóxicas e de clase: o xuíz provén dunha mísera familia campesiña e o terrorista é neto do dono das terras onde esta traballaba. Cunha linguaxe desbordante, riquísimo en recursos expresivos -onde cada palabra parece ser puída ata alcanzar unha nova categoría-, Lobo Antunes profunda admirablemente na alma humana ata a súa médula máis espida.
Unha noite, de madrugada, Roberto Peña esperta sobresaltado porque alguén está petando con forza na porta do seu piso. Cando abre, atópase coa policía. A súa amiga Xema, loira e fermosa, despois de avisar na casa dos seus pais que ía ver a Roberto, desapareceu sen deixar rastro. Como consecuencia deste suceso inicial vanse precipitar unha serie de acontecementos relacionados co mundo da droga e os narcotraficantes que acabarán arrastrando ó protagonista a peligrosas aventuras.
Unha novela policiaca escrita con humor, que se le con interese desde que empeza ata que remata.