José Emilio Pacheco naceu na Cidade de México o 30 de xuño de 1939. A súa obra foi recoñecida moi pronto: desde a década dos cincuenta xa figuraba en antoloxías á beira dos grandes poetas de Latinoamérica. Estudou na Universidade Nacional Autónoma de México. Ademais de publicar poesía e prosa e de exercer un maxistral labor como tradutor, traballou como director e editor de coleccións bibliográficas e diversas publicacións e suplementos culturais. Dirixiu, á beira de Carlos Monsiváis, o suplemento da revista Estaciones; foi secretario de redacción da Revista da Universidade de México. Dirixiu a colección Biblioteca do Estudante Universitario. foi docente en diversas universidades do mundo e investigador do INAH.
A Olimpíada Solidaria de Estudo é unha innovadora acción de educación ao desenvolvemento e de sensibilización á solidariedade.
Foi pensada por unha ONG española, Coopera – Novas para a Cooperación ao Desenvolvemento, e organizada por primeira vez en 2003 na cidade de Logroño (A Rioxa – España).
Baixo o lema “¿Queres ser solidario?…” por cada hora do teu estudo, un dos nosos patrocinadores destinará 1€ para o financiamento de catro proxectos educativos en Angola, Camerún, Ecuador e Haití. Decátache de como podes ser solidario estudando.
Os mozos poden acudir a estudar ás salas habilitadas para a Olimpíada e converterse en estudantes solidarios. As súas horas de estudo son patrocinadas por institucións públicas e empresas privadas que achegan 1 € por cada unha. O teu esforzo convértese no diñeiro que permite o financiamento de varios proxectos de axuda ao desenvolvemento destinados a mozos do Sur e cuxos temas principais son a educación e a formación profesional. Deste xeito os estudantes mostran o seu compromiso e solidariedade de xeito activo e convértense en protagonistas do proceso de cambio que se quere impulsar coa axuda ao desenvolvemento.
Para converterche nun estudante solidario só tes que seguir estes pasos:
Colle os teus libros e ve á sala de estudo máis próxima
Achégache ao voluntario responsable da Olimpíada e pídelle que che inscriba
Decide cantas horas vas estudar e colle o papel moeda
Toma asento e… ¡non perdas un minuto!
Cando termines deposita o papel moeda na urna e pide ao voluntario que sele o teu “pasaporte solidario”
CONCURSO PLURILINGÜE DE LECTURA “O PAPALIBROS 4ªED.”
BASES
1. Pode participar todo o alumnado do IES Manuel Antonio e tamén o alumnado do Centro Residencial Docente (CRD) que sexa usuario da nosa Biblioteca.
2. Gañará o concurso quen lea máis libros e acade máis puntos.
3. As listaxes de libros publicaranse cada trimestre e manteranse en vigor ata a fin do concurso. Nas listaxes trimestrais aparecerán 3 libros en Galego, 3 en Castelán, 3 en Inglés, 3 en Francés e 3 en Italiano.
4. Cada lectura valerá 10 puntos. Para acadar os 10 puntos deberá realizarse un breve e doado “Control de comprobación de lectura”. A lingua empregada no “Control” coincidirá coa da lectura.
5. A suma de puntos polas lecturas en Galego, Castelán, Inglés, Francés e Italiano deberá cinguirse ás seguintes condicións:
5.1. O alumnado que non acade ao longo do concurso un mínimo de 10 puntos en Galego, 10 en Castelán e 10 en Inglés será eliminado do concurso. Tendo en conta o anterior, a puntuación mínima será de 30 puntos (3 libros) e a máxima de 270 puntos (27 libros).
5.2. Deberase ler o mesmo número de libros en Galego e Castelán, en consecuencia, a puntuación final polas lecturas nas dúas linguas terá que coincidir. De non coincidiren as puntuacións, aplicarase ás dúas linguas a puntuación inferior obtida nunha delas.
5.3. O alumnado que seleccione lecturas en 1) Francés, 2) Italiano, 3) Francés e Italiano poderá en todos os casos combinalas con lecturas en Inglés tendo en conta o seguinte:
5.3.1. A puntuación polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés non poderá superar en cada grupo os 30 puntos por trimestre. A puntuación final en cada grupo, xa que logo, non sobrepasará os 90 puntos.
5.3.2. Un mínimo de 10 puntos da puntuación final polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés deberá pertencer ás lecturas en Inglés (como obriga o apartado 5.1.).
6. Gañarán o concurso @s catro primeir@s concursantes que acaden a máxima puntuación ou @s que se acheguen a ela, clasificad@s por orde descendente de puntuación. O tres primeiros premios serán tres ordenadores (miniportátiles) e o 4º, un vale de 100 euros para trocar por libros, CD, películas, material informático ou deportivo.
7. Os Xurados estarán formados por profesorado dos Departamentos de Linguas.
No transcurso dunha velada literaria en Madrid, onte á noite deuse a coñecer o gañador do Premio Fundación José Manuel Lara Hernández á mellor narración do 2008, que nesta ocasión foi para o sevillano Isaac Rosa pola súa novela “El país del medio”. A obra de Rosa, publicada por Seix Barral, competía con outras catro finalistas de peso: “La familia de mi padre”, de Lolita Bosch; “Sal”, de Manuel García Rubio; “Praíso inhabitado”, de Ana María Matute, e “El comienzo de la primavera”, de Patricio Pron.
O propio Issac Rosa, que admitiu que os prognósticos apuntaban como gañadora a Ana María Matute, afirmou que “El país del miedo” é a súa obra máis persoal e que supón unha ruptura cos seus libros anteriores.
É unha novela de medo, sobre o medo e contra o medo. Intenta ser un libro de resistencia, para que rexeitemos todas as tentativas para dominarnos, [...] para que os lectores con pensamento crítico aprendamos a resistir.
Durante un combate, a la orilla delEbro (…) hube de refugiarme en un embudo de bomba *, anegado a medias por el agua. Allí encontré un perro recién nacido, una máquina de rellenar aceitunas y un cenicero de bronce en forma de calavera. Al salir de allí, entre los escombros de una farmacia , otro encuentro: una caja de colores al óleo. …
* (oco producido pola explosión dunha bomba)Eugenio Granell
A Fundación E. Granell convoca para o vindeiro 2 de Abril, xoves, en horario de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h., o III Maratón de Lectura Infantil e Xuvenil Encontros Fantásticos, organizado conxuntamente por Gálix (Asociación Galega de Libro Infantil e Xuvenil) e a Fundación Eugenio Granell.
Nesta data celebrase o Día Internacional del Libro Infantil, para homenaxear o día do nacemento de Hans Christian Andersen.
O Maratón abrirase coa lectura de Guadalupe Rodríguez Silva, Delegada deEducación e Normalización Lingüística do Concello de Santiago, unha representación da directiva deGalix e tamén das Consellerias de Educación e Cultura (por confirmar), así como da Fundación Eugenio Granell.
Convócase a XIV Edición do Premio Literario “Ánxel Casal”.O Concello de Santiago, atendendo á proposta expresada polo IES Arcebispo Xelmírez I con motivo da celebración do 150º Aniversario da súa fundación, creou no ano 1996 o Premio Literario Ánxel Casal, nas modalidades de poesía, teatro e conto.