Normas para participar no concurso “Papalibros”

    1. Pode participar todo o alumnado do IES Manuel Antonio e tamén o alumnado do Centro Residencial Docente (CRD) que sexa usuario da nosa Biblioteca.

    2. Gañará o concurso quen lea máis libros e acade máis puntos.

    3. As listaxes de libros publicaranse cada trimestre e manteranse en vigor ata a fin do concurso. Nas listaxes trimestrais aparecerán 3 libros en Galego, 3 en Castelán, 3 en Inglés, 3 en Francés e 3 en Italiano.

    4. Cada lectura valerá 10 puntos. Para acadar os 10 puntos deberá realizarse un breve e doado “Control de comprobación de lectura”. A lingua empregada no “Control” coincidirá coa da lectura.

    5. A suma de puntos polas lecturas en Galego, Castelán, Inglés, Francés e Italiano deberá cinguirse ás seguintes condicións:

    5.1. O alumnado que non acade ao longo do concurso un mínimo de 10 puntos en Galego, 10 en Castelán e 10 en Inglés será eliminado do concurso. Tendo en conta o anterior, a puntación mínima será de 30 puntos (3 libros) e a máxima de 270 puntos (27 libros).

    5.2. Deberase ler o mesmo número de libros en Galego e Castelán, en consecuencia, a puntuación final polas lecturas nas dúas linguas terá que coincidir. De non coincidiren as puntuacións, aplicarase ás dúas linguas a puntuación inferior obtida nunha delas.

    5.3. O alumnado que seleccione lecturas en 1) Francés, 2) Italiano, 3) Francés e Italiano poderá en todos os casos combinalas con lecturas en Inglés tendo en conta o seguinte:

    5.3.1. A puntuación polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés non poderá superar en cada grupo os 30 puntos por trimestre. A puntuación final en cada grupo, xa que logo, non sobrepasará os 90 puntos.

    5.3.2. Un mínimo de 10 puntos da puntuación final polas lecturas en 1) Francés e Inglés, 2) Italiano e Inglés, 3) Francés, Italiano e Inglés deberá pertencer ás lecturas en Inglés (como obriga o apartado 5.1.).

    6. @s concursantes que consigan clasificarse recibirán algún premio. Gañarán o concurso @s tres primeir@s concursantes que acaden a máxima puntuación ou @s que se acheguen a ela, clasificad@s por orde descendente de puntuación. O 1º Premio será un ordenador portátil. O 2º, un iPod e o 3º, un vale para trocar por material deportivo, CD ou libros.

    7. Os Xurados estarán formados por profesorado dos Departamentos de Linguas.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>