Libro recomendado Bacharelato e Ciclos

Título: Melodía de días usados

Autora: Anxos Sumai

Editorial: Galaxia

Literatura e vida danse a man en Melodía de días usados, o novo libro de Anxos Sumai. A escritora narra as súas vivencias cotiás nunha Compostela inzada de perso naxes que semellan saídos da realidade inmediata, perxonaxes que xoorden das húmidas pedras da cidade, esas que pouco a pouco quecen coa raiola da frescura e da autenticidade deste diario nado na Internet que agora a Galaxia chega transformado, con roupa nova e música leda para os lectores galegos.

Melodía de días usados logra o que debería ser o obxectivo da literatura: facer que os lectores e lectoras se sintan entre amigos, que coñezan os espazos dunha biografía persoal coma se fosen os propios, que compartan alegrías, medos, emocións e gañas de vivir co personaxe que Anxos fai de si mesma. Un diario que é case unha novela, ou unha novela que é coma un diario, un libro escrito coa convicción de quen cre nas cousas miúdas, de quen descobre, coa ollada limpa, unha realidade común á xenté e que a literatura transforma, volve máis rica, distinta, e fai brillar coma se fose do trinque.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>